|
O Colexio de Politólogos/as e Sociólogos/as de Galicia é unha corporacion de dereito público dotada de personalidade xurídica propia (Estatutos aprobados polo Decreto 147/1997 de 14 de maio), que constitúe o órgano representativo superior da profesión dos politólogos/as e sociólogos/as en Galicia.
A súa misión é a de agrupar aos titulados e doutorados en Ciencias Políticas e Socioloxía para a defensa e promoción dos intereses profesionais, promovendo e consolidando as oportunidades de profesionalización e recoñecemento social dos politólogos e sociólogos ante as entidades públicas e privadas.
|